28.2.08

DEBATE ELECTORAL(Momento teatrístico do mes)

DEBATE ¿?

Unha vez mais, gran desenrolo de medios para nada no que se refire ao puramente debatístico, pero con gran valor para o que realmente lle interesa á dereita e á esquerda da dereita: a centralización e o bipartidismo.
Para facer debates sobre o estado da nación xa temos o Congreso (“qué mal o fas” “pois tí” e así até o aborrecemento).
Pretenden facernos parvos con discuros pueriles, limitando a nosa liña de pensamento dentro do escaso marxe no que se moven Patán e o tenente Risitas.
Se o debate foi merecedor dun pedazo de scottex e a conseguinte descarga acuífera, o peche eleva calquer cerebro ás máis altas cimas da miseria:
a fermosa historia dunha princesiña que nace neste pais (primeiro premio no concurso de redaccións do ciclo de infantil na escola do fillo do “electable”), que crece, reprodúcese e tal vez, algún día (deus non o queira), morre ..., contada polo aspirante a un panteón no val de vales, e as fermosas palabras de alento dun presidente que ten a desfachatez de falar de superávit mentres fai moreas de leis sen orzamento asignado.
Despois das arcadas convintes foi cando ao pseudopublicista que un leva dentro, desencaixóuselle a mandíbula polo visionado dos anuncios dos dous “grandes partidos” do reino de España.
Un rapaz vai buscar a súa nai a 300 km de distancia para que vote (impórtame unha merda a quen. Digo máis, o voto é segredo). Onde carallo está censada esa señora? Foise de fin de semana para foder ao fillo e que a vaia buscar? Non sabe que existe un procedemento de voto por correo?
Unha familia é embargada pola crise e por catro operarios, indignos herdeiros do cine de Chaplin, que tiran uns libros ao chan levándose unha estantería (así polo miudo, o coste deses libros debe superar en un par de veces o prezo do moble) deixando ao pilar básico desta sociedade (pai, nai, filla, fillo e rosario)na indixencia, mentres de fondo soa a voz de Mefistófeles ...

Recoméndovos que vexades o próximo luns a continuación deste esperpento fodeneuronas.

Quique.

No hay comentarios: