22.7.08

Campionato de billarda no Gobi

Díxome un paxariño, concretamente un corvo,
que os viron no Gobi botando unha partida á billarda cuns paisanos do lugar...
Díxome un paxariño, concretamente unha pega, que o deron todo...
e gañaron un cabrito!

Díxome un paxariño, concretamente un carrizo, que a vella que donou o cabrito...
viña sendo de Arzúa, que foi aló mercar cabras para fazer queixos aquí e ficou alí,
por coñecer a un lugareño que lle cautivou o corazón...
Hai que ver como son as cousas!
Hai galeg@s en todas partes.

2 comentarios:

maria dijo...

Con semellante cornamenta, non é de estrañar que deixaran de chamarlle a besta ó carro.A ver se se dan desfeito da cabra antes de vir para á casa.

gena hernandez dijo...

Pero como! É que esta e a doctora? Cambearon o motor polo rabo (ou algo así)