17.4.08

COMO COLABORAR NO BLOG

Olá a tod@s.
Xa van varias veces que me comentan "eu quería poñer unha mensaxe no blog e non sei como", no consultorio "Quique resposta tan rápido como pode" tentaremos darlle solución a este problema.
Para escribir no Blog fai falla un permiso.
Como conseguir o permiso:
manda un e-mail a quique@misbocetos.com coa mensaxe "eu tamén quero escribir ahí" (ou con calquera outra que se che ocurra).
Recibirás un e-mail de invitación a participar no blog.
Unha vez activado ese e-mail só tes que entrar no blog, pulsar o botón que está na esquina superior dereita e que pon "acceder" e introducir os datos que che pide: correo e contraseña
Aparecerá unha pantalla que ten varias solapas.
Vas a que pon "Creación de entradas", escribes a túa mensaxe, e premes o botón que está situado na parte inferior que pon "publicar entrada" .
Listo !!

Calquera dúbida, consulta a través do correo que puxen antes, en persoa na escola, ou no programa de Jiménez Losantos, que resolver non creo que te resolva nada pero polo menos lle chamas cabrón e quedas a gusto ...

No hay comentarios: